Inicio Galicia O director da Agacal inaugura as Catas dos Viños de Galicia no...

O director da Agacal inaugura as Catas dos Viños de Galicia no CIFP Compostela

0


O director xeral da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, presidiu hoxe o inicio das Catas dos Viños de Galicia 2019 no Centro Integrado de Formación Profesional Compostela e destacou o “rigoso proceso” de toma de mostras e posterior cata, que coloca este certame como o máis destacado de Galicia e incluso do resto do Estado. Este ano compiten 157 adegas de viño con 349 mostras. Por outra banda, as Catas de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia comezarán o venres 14 de xuño e contan coa participación de 16 adegas.

Ademais, o director de Agacal mostrouse “moi satisfeito” co nivel de catadores deste ano, composto por 25 profesionais e afeccionados vinculados ao mundo do viño e ás bebidas espirituosas (18 catadores para os viños e 7 para os licores). Os gañadores destas catas daranse a coñecer, como todos os anos, nunha gala organizada para a ocasión.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre