Inicio Galicia O director da Agacal destaca a importancia de coñecer e poñer en...

O director da Agacal destaca a importancia de coñecer e poñer en práctica as últimas innovacións tecnolóxicas na enoloxía

0

Manuel Rodríguez clausurou en Ribadavia o IV encontro enolóxico galego, organizado pola Asociación Galega de Enólogos


O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, clausurou esta mañá en Ribadavia o IV encontro enolóxico galego, organizado pola Asociación Galega de Enólogos. Alí destacou a importancia de coñecer e poñer en práctica as últimas innovacións tecnolóxicas aplicadas á enoloxía, co fin de mellorar as explotacións e reforzar a calidade do produto.

Neste senso, o director incidiu en que os sectores produtivos deben adaptarse aos novos tempos e, sobre todo, á demanda actual dos mercados. Así, sinalou que a introdución de novas tecnoloxías nos procesos produtivos mellora a rendibilidade das explotacións e fainas máis sustentables. Ademais, engadiu, se se suma á esta mellora a introdución e potenciación das TIC permitirá abrir mercados e ter unha visión máis global do alcance que pode chegar a ter o produto. Durante a súa intervención, o director agradeceu a realización deste tipo de xornadas que permiten aos profesionais do sector, tanto enólogos como técnicos, membros do comité de cata e persoal de adegas, profundizar en novos retos e coñecer as novidades no sector. Precisamente sobre isto, durante a xornada levouse a cabo unha cata sobre os 12 viños de moda no mercado internacional, da man dun enxeñeiro da universidade de Copenhague. Finalmente, Manuel Rodríguez puxo en valor a calidade dos viños galegos con denominación de orixe e indicación xeográfica protexida, ademais das augardentes e licores tradicionais de Galicia que fan da nosa comunidade a terceira rexión en canto a selos de calidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre