Inicio Galicia O Diario Oficial de Galicia publica o decreto que crea e regula...

O Diario Oficial de Galicia publica o decreto que crea e regula a medalla Emilia Pardo Bazán en favor da igualdade

0

Este recoñecemento público destinarase ás accións desenvolvidas en defensa da igualdade de dereitos entre homes e mulleres


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o decreto polo que se crea e regula a Medalla Emilia Pardo Bazán, que ten como obxectivo o recoñecemento público daquelas accións relevantes levadas a cabo en favor da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

O prazo para presentar candidaturas este ano, o primeiro que se convoca este recoñecemento, estará aberto a partir do luns e prolongarase durante 20 días hábiles.

As candidaturas poderán ser propostas directamente por calquera persoa física ou xurídica, representantes de organismos, entidades, asociacións, así como calquera Administración pública que considere relevante destacar o labor doutras persoas, entidades, ou institucións.

A distinción poderá ser entregada a persoas maiores de idade, colectivos, entidades ou institucións, tanto públicas como privadas que, ao longo da súa traxectoria, teñan contribuído á construción dunha sociedade máis igualitaria.

As candidaturas serán avaliadas por unha comisión de valoración, que estará composta por varios representantes da Xunta de todas as consellerías, pola persoa que exerza no momento a Vicepresidencia segunda do Consello Galego das Mulleres en representación das asociacións e federación de mulleres, e pola persoa que exerza o cargo de director/a ou conservador/a da Casa Museo Emilia Pardo Bazán.

Un máximo de tres condecoracións por anoA medalla terá un carácter exclusivamente honorífico e dará dereito a un diploma acreditativo, que non leva consigo ningún tipo de dotación económica. Cada ano concederanse ata un máximo de tres condecoracións, que revestirán forma de medalla cando sexan a título individual, e placa cando se trate de colectivos, entidades ou institucións.

A entrega de medallas realizarase cada ano o 16 de setembro, día de nacemento da escritora galega, nun acto solemne.

A condecoración leva o nome de Emilia Pardo Bazán por tratarse dunha precursora nas ideas acerca dos dereitos das mulleres e o feminismo, por reivindicar a educación e instrución das mulleres como algo fundamental e por incorporar en todas as súas obras ideas sobre a modernización da sociedade e o acceso das mulleres aos mesmos dereitos e oportunidades que os homes. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre