Inicio Galicia O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o Plan de formación continua...

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o Plan de formación continua para a Policía Local Galega

0

Durante os meses de marzo a xuño, a AGASP ofrecera 50 accións formativas, mais de 800 horas lectivas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o plan de formación continua do primeiro semestre para a policía local de Galicia, aprobado o pasado venres no consello reitor da AGASP, no que se ofrecerán 50 accións formativas, mais de 800 horas lectivas e mais de 1.000 prazas.

Destacan os cursos de violencia de xénero, nos que se crea un itinerario formativo e se busca formar o 100% do persoal da policía local nesta materia, dentro das súas competencias e mais tendo en conta como a policía mais próxima ao cidadán, a súa capacidade para a detección tempera destes casos.

Incídese tamén na formación na area de menores, con importantes novidades en relación a actualidade, como son as drogas facilitadoras e submisión química, o grooming e os xogos en lina e o acoso escolar.

Continuase coa formación en materia de coordinación de todas as forzas e corpos de seguridade en materia de terrorismo yihadista , recóllense cursos en materias con cambios lexislativos importantes , como son espectáculos públicos e protección de datos e continuase coa formación en táctica policial, cursos puramente prácticos de intervención e os de medios de dotación, dando importancia ao uso da arma regulamentaria.

Nos vindeiros días publicaranse os plans de formación continua da UPA, Garda Civil e Policía Nacional, e tamén a convocatoria da 11ª promoción de policía local, unha nova promoción e unha das mais numerosas da Academia, que tera alumnos procedentes das convocatorias dos concellos mais por primeira vez os 38 alumnos do primeiro proceso unitario de policía local que leva a cabo a Xunta .

O persoal que desexe participar nos cursos deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible en htpp://agasp.xunta.es. O prazo de presentación de solicitudes será ata as 14.00 horas do día 25 de febreiro de 2019 para os cursos programados para o mes de marzo e ata o 11 de marzo o resto dos cursos programados. O número máximo de cursos que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a 5. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre