Inicio Galicia O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a relación de empresas de...

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a relación de empresas de transporte público beneficiarias dos 3,6 millóns de euros de anticipos cos que a Xunta achega liquidez ao sector

0

A medida ten por finalidade paliar o déficit financeiro por mor do estado de alarma pola covid-19 mentres continúa sen materializarse o fondo de compensación anunciado polo Goberno de España

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a relación de empresas de transporte público beneficiarias dos 3,6 millóns de euros de anticipos cos que Xunta achega liquidez ao sector. A medida ten por finalidade aliviar a situación económica causada nas empresas de transporte de viaxeiros polas restricións da mobilidade durante o estado de alarma mentres continúa sen materializarse o fondo de compensación para o transporte público anunciado polo Goberno de España.

Este anticipos fixéronse efectivos, cun investimento da Xunta superior aos 3,62 millóns de euros, co obxectivo de compensar o déficit de ingresos das concesionarias do servizo de transporte público interurbano entre o 14 de marzo e o 20 de xuño de 2020, período durante o que se prolongou o estado de alarma.

No seguinte enlace ao DOG pode consultarse o detalle da contía dos anticipos percibidos polas empresas, que equivale a unha media do 10% da recadación anual de cada contrato: https://xurl.es/98ab1Esta iniciativa da Xunta impulsouse para dar facilidades ás empresas e contribuír a paliar a situación financeira das concesións de transporte cuxo principal ingreso a través da venda de billetes, viuse minorado pola abrupta caída da demanda.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, destinou a estes anticipos os fondos dispoñibles polo descenso do uso do Transporte Metropolitano como consecuencia das restricións nos desprazamentos derivadas da declaración do estado de alarma.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre