Inicio Galicia O Diario Oficial de Galicia publica a orde de aprobación do primeiro...

O Diario Oficial de Galicia publica a orde de aprobación do primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ribadavia

0

A entrada en vigor do Plan xeral quedarán concluída coa publicación do mesmo no Boletín Oficial da Provincia e na plataforma do Sistema de Información de Ordenación do Territorio e Urbanismo de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde de aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ribadavia, polo que este municipio conta co seu primeiro plan xeral, ao tempo que se converte no concello número 105 en contar cun planeamento actualizado e adaptado á lei.

Este Pxom, que porá fin ás Normas Subsidiarias de Planeamento con 33 anos de vixencia, guiará o desenvolvemento do concello para os vindeiros 20 anos e entrará en vigor cando se publique no Boletín Oficial da Provincia e na plataforma do Siotuga (Sistema de Información de Ordenación do Territorio e Urbanismo de Galicia)Ribadavia é un concello no que máis dun 90% do territorio é solo rústico, seguido xa a moita distancia polo solo urbano, 4,90%; o solo de núcleo rural, o 3,45%; e o solo urbanizable, o 0,73%, polo que o novo Pxom favorece o desenvolvemento equilibrado e sostible deste concello; ao tempo que se compatibiliza a protección e potenciación do patrimonio natural e cultural, histórico, artístico e etnográfico.

Tamén respecta e impulsa a vida nas parroquias, procurando o aumento da poboación nas mesmas grazas ao impulso dos sectores produtivos e mellorando a habitabilidade no concello, incrementando en case 3 puntos -respecto do que indica a Lei do solo- a superficie para o sistema xeral de espazos libres e zonas verdes (330.852 m2, un 168% máis do que esixe a Lei). E , por último, resérvanse case 155.000 m2 para o sistema xeral de equipamento comunitario, un 277% máis do que esixe a Lei (dito doutra forma, case 3,8 veces máis).

Este plan xeral beneficia a máis de 5.000 habitantes das oito parroquias de Ribadavia e implicou estudar polo miúdo os máis de 27 quilómetros cadrados de superficie.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre