Inicio Galicia O deporte galego chora a morte de Juan Carlos Padín, ?un home...

O deporte galego chora a morte de Juan Carlos Padín, ?un home dedicado completamente ao deporte feminino e a alma mater do Olivo de Vigo?

0

A Xunta de Galicia, a través do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, lamenta a morte de Juan Carlos Padín ao que describiu como un home dedicado completamente ao fútbol galego e nomeadamente ao fútbol feminino pois estivo toda a súa vida vencellado ao Club de Fútbol Femenino El Olivo de Vigo. O conxunto olívico, con Padín como responsable da sección feminina, conseguiu o ascenso á máxima división do fútbol feminino nacional en 2011, converténdose no primeiro equipo galego en facelo desde a creación da Superliga.

Lete Lasa definiu a Padín como un home “entregado, traballador e apaixonado polo deporte galego que sempre daba o cento por cento aínda que a saúde non o acompañara”. Deste xeito asegurou que, Juan Carlos Padín é un exemplo dos valores do deporte para todos e para todas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre