Inicio Galicia O delegado territorial recibiu ao representante español no campionato mundial de billar...

O delegado territorial recibiu ao representante español no campionato mundial de billar chinés

0


José Manuel Balseiro recibiu hoxe na Delegación Territorial a Juan Pedro Durán , “Gussy”, único representante español que participará nos próximos días , entre o 17 e 21 de xaneiro) no campionato mundial de billar chinés.

O delegado territorial quixo desexarlle sorte ao deportista sarrián e amosoulle o seu orgullo de que o único representante español do campionato que se celebrará na cidade China de Qinhuangdao sexa lucense. Valorou o grande esforzo que fixo no último ano e felicitouno polos logros acadados ata o momento, como é o de ser o mellor xogador español nesta modalidade. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre