Inicio Galicia O delegado territorial felicita a Benedicta Sánchez por conseguir o premio Goya...

O delegado territorial felicita a Benedicta Sánchez por conseguir o premio Goya e ?difundir o nome da provincia e Galicia no mundo?

0


O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, felicitou hoxe a Benedicta Sánchez por conseguir o premio Goya como mellor actriz revelación, e agradeceu o seu gran labor de embaixadora por “difundir o nome da provincia e de Galicia no mundo”.

Balseiro recibiu á actriz na Delegación Territorial da Xunta en Lugo e expresou o seu recoñecemento, e o do Goberno galego, ao excelente traballo que realizou na película O que arde, de Oliver Laxe, “xusta merecedora dos premios que lle outorgou a Academia de Cine española e de todos os que está a obter no ámbito internacional”.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acudiu á gala dos Goya a apoiar a película, rodada nos montes de Navia de Suarna en lingua galega e que tamén logrou o premio do xurado no Festival de Cannes -na sección ‘Un certain regard’-, entre outros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre