Inicio Galicia O delegado territorial da Xunta reúnese co bispo de Ourense

O delegado territorial da Xunta reúnese co bispo de Ourense

0
image_gallery.jpg

O representante do Goberno galego aproveitou a xuntanza para agradecer o labor que Cáritas Diocesana está a levar a cabo en Ourense no eido da acción social e a atención integral e profesional a persoas en risco de exclusión social


O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, reuniuse esta mañá co bispo de Ourense, José Leonardo Lemos, dentro da rolda de contactos cos distintos axentes económicos, sociais e culturais da provincia. O representante do Goberno galego despachou co prelado provincial diversos temas relacionados coa celebración do Xacobeo 2021, e aproveitou a xuntanza para agradecerlle o labor que Cáritas Diocesana está a levar a cabo en Ourense, no eido da acción social e a atención integral e profesional a persoas de risco de exclusión social.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre