Inicio Galicia O delegado territorial da Xunta recibe ao presidente da Asociación Empresarial de...

O delegado territorial da Xunta recibe ao presidente da Asociación Empresarial de Profesionais e Autónomos de Ourense

0
image_gallery.jpg

Este encontro enmárcase dentro das reunións que o novo delegado está a manter con representantes dos distintos colectivos da provincia


O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, recibiu esta mañá ao presidente da Asociación Empresarial de Profesionais e Autónomos de Ourense, David Martínez Alonso, no marco da rolda de contactos iniciada polo representante autonómico tras a súa toma de posesión cos axentes sociais e económicos da área.

Alen Castro destacou que este tipo de encontros teñen como obxectivo intercambiar impresións de primeira man e coñecer as inquedanzas do sector, acentuadas pola situación que debido á pandemia, estanse a vivir. Neste senso, o delegado aproveitou para informar do Plan de rescate para persoas traballadoras autónomas e microempresas que activará a Consellería de Emprego e Igualdade nas próximas semanas co obxectivo de facer fronte ao actual contexto socioeconómico xerado pola covid-19. Esta iniciativa, dotada con 70 millóns de euros en dúas anualidades (2020-2021), e que se consensuará na Mesa do Autónomo e no seno do Diálogo Social, inclúe dúas liñas de apoios para contribuír ao mantemento do emprego e da actividade económica de 30.000 autónomos e de 10.000 microempresas. Do que se trata é de atender as necesidades máis urxentes dos autónomos e das microempresas máis afectadas pola pandemia.

A liña destinada a autónomos conta cun investimento de 30 millóns de euros. Os beneficiarios da axuda percibirán 1.200 euros, e 2.000 euros cando se trate de actividades que estiveran paralizadas durante alo menos seis meses ou especialmentesuspendidas, como é o caso do ocio nocturno, un sector para o que a Xunta aprobou asemana pasada un Plan de recuperación dotado con 4,8 millóns de euros en axudasdirectas e unha liña de préstamos.

O delegado amosou o seu apoio a este colectivo, e fixo un repaso das distintas liñas de axuda existentes, destacando que neste ano na provincia de Ourense concedéronse 1.532.000,00 euros na liña de promoción do emprego autónomo e máis de 700.000 euros no bono autónomo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre