Inicio Galicia O delegado territorial da Xunta recibe ao presidente da Asociación de Empresarios...

O delegado territorial da Xunta recibe ao presidente da Asociación de Empresarios Polígono de San Cibrao

0
image_gallery.jpg

O delegado aproveitou para confirmarlle a aposta decidida do Goberno galego polo tecido produtivo de Ourense e de Galicia


O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, recibiu esta mañá ao presidente da Asociación de Empresarios Polígono de San Cibrao, José Antonio Rodríguez, no marco da rolda de contactos iniciada polo representante autonómico tras a súa toma de posesión cos axentes sociais e económicos da área.

Alen Castro destacou que este tipo de encontros teñen como obxectivo intercambiar impresións de primeira man e coñecer as inquedanzas do sector, acentuadas pola situación que debido á pandemia, estanse a vivir. Neste senso, o delegado aproveitou para confirmarlle a aposta decidida do Goberno galego polo tecido produtivo de Ourense e de Galicia, sendo o polígono industrial de San Cibrao un motor decisivo no desenvolvemento económico da provincia onde preto de 350 empresas dan traballo a preto de 8.000 traballadores.

Un exemplo claro foi a construción e posta en marcha da nova conexión do polígono de San Cibrao das Viñas coa Autovía das Rías Baixas, a A – 52, enlazando nese punto tamén coa Autovía a Celanova, a AG – 31, cun investimento preto de 22 millóns de euros. O delegado territorial referiuse ao compromiso que o presidente de Xunta, Alberto Núñez Feijóo, expresou na súa visita ao polígono, o pasado 11 de setembro, onde viña a dicir que estamos a falar de obras estratéxicas destinadas a crear valor. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre