Inicio Galicia O delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, realiza unha visita institucional a...

O delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, realiza unha visita institucional a Arteixo

0
image_gallery.jpg

O representante do goberno autonómico e o alcalde analizaron a situación sanitaria e repasaron o estado das obras que está realizando a Xunta neste concello


O novo delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, realizou esta mañá a primeira visita institucional ao alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, tras a toma posesión o pasado luns. No encontro repasaron os proxectos que ten actualmente en marcha a Xunta en Arteixo e as necesidades derivadas do Covid-19 nos distintos servizos públicos do concello. Ademais, interesouse polas suxerencias achegadas por Carlos CalveloNo que respecta ás obras analizaron os principais investimentos realizados no concello por parte da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade como o acceso ao polígono de Morás (4,3M€) a ampliación da AC-552 – Coruña-Carballo cun terceiro carril (1,1M€) ou a ampliación da avda da Deputación en fase de adxudicación (5,8M€). Ambos falaron tamén das ofertas presentadas para a execución da conexión exterior de saneamento do parque empresarial de Morás (6,4M€) que se atopa tamén en fase de adxudicación, actuación que levará a cabo a Consellería de Medio Ambiente.

Gonzalo Trenor destacou a importante aposta que está facendo a Xunta de Galicia por este concello, principalmente na mellora das súas infraestruturas que están sendo claves para o seu desenvolvemento futuro de Arteixo. Neste senso, puntualizou que “todas estas actuacións permitirán que este municipio se converta nun referente para toda a comarca coruñesa pola súa localización estratéxica e pola ampla oferta de solo industrial que ofrecerá cando rematen todas estas actuacións”.

Do mesmo xeito, o delegado territorial e Carlos Calvelo analizaron a situación sanitaria no concello de Arteixo e lembrou que desde o inicio da crise a Xunta de Galicia leva enviados a este municipio, aos centros e entidades sociais e ás escolas infantís case 60.000 epis, entre máscaras, luvas e roupa de protección. Ademais, lembrou a creación dos comités clínico e educativo que contan con mecanismos de asesoramento, decisión e avaliación para loitar contra o coronavirus en coordinación permanente cos concellos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre