Inicio Galicia O delegado territorial da Xunta en Pontevedra analiza con Amizade a mellora...

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra analiza con Amizade a mellora na accesibilidade aos edificios administrativos da Xunta na provincia

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, trasladoulles o próximo tralsado das oficinas de Consumo e o FOGGA ao Edificio central de Campolongo

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, recibiu esta mañá aos representantes da asociación Amizade cos que analizou a mellora da accesibilidade aos edificios administrativos da Xunta en Pontevedra.

Na reunión estiveron presentes o presidente da asociación Pablo Fontán, e Jorge Esperón Silva, membro da Xunta directiva deste colectivo, así como o secretario territorial da Xunta en Pontevedra, Ramón Pereiro.

O colectivo trasladoulle ao delegado territorial as súas demandas de mellora de accesibilidade aos diferentes edificios que a administración autonómica ten en Pontevedra, en especial, á situación da Oficina Galega de Consumo e Competencia, situada no paseo de Cervantes.

Tal e como lles informou Cores Tourís, o proxecto de traslado destas oficinas ao edificio da Delegación Territorial da Xunta en Campolongo está moi avanzado e agárdase que o traslado poida levarse a cabo na segunda quincena de decembro deste ano.

Leer más:  Galicia, Euskadi, Asturias y Cantabria unen fuerzas para promocionarse juntas como destinos turísticos sostenibles

Durante a reunión tamén se acordou realizar, en compaña de representantes de Amizade, unha comprobación in situ da situación das ramplas de acceso ao edificio que a Xunta ten na Avenida de Vigo. Neste senso, o delegado territorial explicou aos membros desta asociación, que a administración autonómica está a levar a cabo, nestes intres, outras mellora de accesibilidade neste edificio. Trátase da instalación dun ascensor que permita acceder ata o segundo andar.

Outra demanda dos membros deste colectivo é que aumente o número de aseos adaptados no Hospital de Montecelo, cuestión que José Manuel Cores Tourís comprometeuse a trasladar ao xerente do complexo hospitalario. Finalmente, en relación ao edificio do IGVS en Alcalde Hevia, o delegado territorial asegurou que os técnicos da Delegación estudarán a posibilidade de instalar portas automáticas na entrada así como cambiar o empedrado de acceso ao edificio de Campolongo por unha pedra lisa que facilite o paso das cadeiras de rodas. 


- Te recomendamos -