Inicio Galicia O delegado territorial da Xunta en Ourense visita a sede do Comité...

O delegado territorial da Xunta en Ourense visita a sede do Comité Cidadán Antisida

0
image_gallery.jpg

Gabriel Alén agradeceu o traballo desta organización destinada a reivindicar ante a Administración a posta en marcha de medidas sanitarias e sociais e xerar un espazo humano de apoio e acompañamento ás persoas afectadas, así como un grupo de loita contra a discriminación e o estigma


O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, dentro súa rolda de encontros institucionais trala toma de posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial, visitou esta mañá a sede do Comité Cidadán Antisida de Ourense.

Da man do seu coordinador, Agustín González, Alén Castro percorreu as distintas salas desta asociación sen ánimo de lucro, que nace dunha iniciativa cidadá no ano 1992 a prol dos intereses das persoas afectadas polo VIH-SIDA. O delegado territorial interesouse polo miúdo polos proxectos nos que están a levar a cabo, e polos que teñen previsto desenvolver no futuro.

Gabriel Alén agradeceu o traballo desta organización sen ánimo de lucro formada por afectados polo VIH-SIDA, familiares e amigos coa finalidade de reivindicar ante a Administración a posta en marcha de medidas sanitarias e sociais (investigación, tratamento, atención sanitaria específica, recursos residenciais, recoñecemento de minusvalía, apoio económico) e xerar un espazo humano de apoio e acompañamento ás persoas afectadas, así como un grupo de loita contra a discriminación e o estigma.

O delegado territorial subliñou o apoio do Goberno galego ao seu labor humanitario e destacou as subvencións concedidas pola Consellería de Sanidade para proxectos de saúde pública no campo do VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual.

Son varias as campañas preventivas da Consellería de Sanidade que promoven o sexo seguro na nosa Comunidade. Entre elas, inclúense as campañas de difusión de mensaxes preventivas a través de redes sociais como Sex Invaders (Facebook e Instagram) ou www.itsinvaders.com. Atópanse ademais, o Programa de promoción do preservativo que distribúe gratuitamente este material a través de entidades colaboradoras e o programa Xente con Don, iniciado no curso 2016-2017, e que se oferta dende entón aos centros de ensinanza secundaria e de formación profesional de Galicia.

Estes días, coincidindo co Día Mundial da Sida, a Consellería de Sanidade está a facer unha distribución de material preventivo e divulgativo a todos os centros de ensinanza secundaria (nos cursos de 3º e 4º da ESO) e formación profesional de Galicia, os centros de Atención Primaria e hospitais do Servizo Galego de Saúde, as Unidades de Asistencia a Drogodependencias, ás Institucións Penitenciarias que existen en Galicia, os centros Quérote+ e numerosos Concellos e entidades privadas sen ánimo de lucro que colaboran co Plan galego anti VIH/sida e outras ITS ao longo do ano.

A finais do ano pasado, púxose en marcha o protocolo do Programa da implantación da profilaxe preexposición ao VIH en Galicia, anticipándonos ao Estado, dirixido a un grupo de poboación cun risco moi elevado de adquirir a infección.

Dende principios de este ano, o Comité Cidadán Antisida de Ourense propuxo actividades no eido da educación, a prevención e o asesoramento sobre VIH/SIDA e outras ITSs a transexuais e homosexuais e desenvolveu actividades de educación e prevención para a saúde na Casa de Acollida de Doentes VIH/SIDA, e para persoas seropositivas e ou seu contorno.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre