Inicio Galicia O delegado territorial da Xunta en Ourense salientou o compromiso do Goberno...

O delegado territorial da Xunta en Ourense salientou o compromiso do Goberno galego coa mellora constante dos servizos do transporte público no concello do Carballiño e a súa contorna

0
image_gallery.jpg

Reuniuse esta mañá con Ramiro Bello, presidente da Plataforma pola Defensa do Transporte Público do Carballiño e Comarca


O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, reuniuse esta mañá con Ramiro Bello, presidente da Plataforma pola Defensa do Transporte Público do Carballiño e Comarca para trasladarlle a proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade de mudar os servizos de autobús do Carballiño a carón da estación de ferrocarril. Esta medida, xa lle foi proposta pola conselleira Ethel Vázquez ao alcalde, Francisco José Fumega, nunha xuntanza por videoconferencia o pasado 8 de outubro co gallo de facilitar a intermodalidade e mellorar a calidade do servizo.

O delegado territorial salientou o compromiso do Goberno galego coa mellora constante dos servizos do transporte público no concello do Carballiño e a súa contorna, e lembroulle ao presidente da plataforma que as novas concesións de autobuses previstas no Plan de Transporte Público de Galicia incorporaron as solicitudes trasladadas polos municipios da comarca, ampliando a cobertura xeográfica do trasporte público e mellorando as conexións, tanto con Santiago, como con Ourense.

Alén Castro, tamén lle ampliou información sobre a medida que implantou o Goberno de Galicia o pasado mes de xuño, pola que todos os xoves menores de 21 anos do Carballiño poden viaxar gratis pola provincia nos autobuses dependentes da Xunta.

Así mesmo, o delegado territorial amosoulle a preocupación da Xunta pola situación dos servizos ferroviarios na provincia, xa que a frecuencias anuladas con motivo da declaración do estado de alarma aínda non foron recuperadas nin Renfe ofrece previsións sobre a súa restitución.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre