Inicio Galicia O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese coa alcaldesa da Bola...

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese coa alcaldesa da Bola e co alcalde de Xunqueira de Ambía

0
image_gallery.jpg

O novo representante do Goberno autonómico analizou cos rexedores de ambos municipios os temas relacionados coa administración autonómica


O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

Nesta ocasións, reuniuse coa alcaldesa do concello da Bola, Mª Teresa Barge, e co alcalde do concello de Xunqueira de Ambía, cos que analizou as principais demandas destes municipios en relación á administración autonómica.

No caso do municipio da Bola, os principais asuntos que repasaron foron en materia de abastecementos, infraestruturas e deportivos. Neste último caso, o delegado destacou a inversión acometida este ano para a construción dunha pista multideporte.

No caso de Xunqueira de Ambía, o delegado tivo a ocasión de analizar xunto ao seu rexedor, Jose Luis Gavilanes, temas prioritarios para o municipio en materia ambiental e de patrimonio cultural, entre outros.

Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre