Inicio Galicia O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de San...

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de San Xoán de Río e co alcalde de Verea

0
image_gallery.jpg

O novo representante do Goberno autonómico analizou cos rexedores de ambos municipios os temas relacionados coa administración autonómica


O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

Nesta ocasión, reuniuse co alcalde do Concello de San Xoán de Río, Xose Miguel Pérez Blecua, e co alcalde do concello de Verea, cos que analizou as principais demandas destes municipios en relación á administración autonómica.

No caso do municipio de San Xoán de Río, o rexedor trasladou diferentes necesidades, en concreto a dunha nave para maquinaria municipal e dun parque infantil cuberto, así coma manifestou o seu interese porque o seu concello dispoña dunha casa do maior, Neste senso, o delegado destacou a recentes inversións neste concello como foi a concesión dunha casa niño, a mellora da accesibilidade de casa da cultura, e a mellora de infraestruturas turísticas no concello.

No caso de Verea, o delegado tivo a ocasión de analizar xunto ao seu rexedor, Jose Antonio Pérez Valado, temas prioritarios para o municipio en materia de prevención de incendios, e coidado de espazos naturais, entre outros.

Pola súa banda, o delegado fixo balance das recentes inversións da Xunta de Galicia neste concello, destacando a concesión dunha casa niño, a construción dunha nave para cochera e almacén municipal ou a mellora de camiños rurais.

Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre