Inicio Galicia O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Leiro...

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Leiro e co alcalde de Taboadela

0

O novo representante do Goberno autonómico analizou cos rexedores de ambos municipios os temas relacionados coa administración autonómica

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

Nesta ocasión, reuniuse co alcalde do concello de Leiro, Francisco José Fernández, e co alcalde do concello de Taboadela, cos que analizou as principais demandas destes municipios en relación á administración autonómica.

No caso do municipio de Leiro, o delegado tivo a ocasión de analizar xunto ao seu rexedor temas prioritarios para o municipio en materia de infraestruturas, turismo, e deporte, entre outros.

No caso de Taboadela, os principais asuntos que repasaron o delegado e rexedor, Álvaro Vila, foron en materia de vivenda, servizos sociais e cultural. O delegado destacou recentes inversións en materia de promoción da igualdade, mellora de camiños municipais e accións de melloras paisaxísticas no Camiño de Santiago.

Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre