Inicio Galicia O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Cenlle

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Cenlle

0
image_gallery.jpg

O delegado territorial manifestoulle ao alcalde a aposta firme da Xunta polo mantemento das dúas consultas médicas no concello


O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, mantivo, á primeira hora desta mañá, unha reunión co alcalde do concello de Cenlle, José Manuel Rodríguez, na que se abordou a situación actual do consultorio médico de Barbantes.

O delegado territorial manifestoulle ao alcalde a aposta firme da Xunta polo mantemento das dúas consultas médicas no concello e lembroulle o recente investimento da administración local e autonómica nos consultorios de Barbantes e Cenlle.

Gabriel Alén tamén lle explicou que, atendendo aos criterios médicos, na situación epidemiolóxica actual, é convinte centralizar de maneira provisional os servizos sanitarios do concello no centro de saúde de Cenlle, ao dispor dunha sala covid específica, illada do resto das áreas e con ventilación natural específica, e que tamén conta cunha sala de espera que permite garantir a distancia de seguridade entre os pacientes.

Esta é a razón pola que se procedeu á concentración temporal da asistencia do Concello no centro de saúde de Cenlle, agás o servizo de analíticas que se mantén en Barbantes como ata o de agora para as cartillas asignadas. O máis importante é garantir sempre as maiores cotas de seguridade para a poboación e tamén para as persoas que coidan da súa saúde.

O delegado territorial e o alcalde coincidiron en que no momento no que se recuperen as condicións de seguridade recuperarase de inmediato a asistencia en Barbantes 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre