Inicio Galicia O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Barbadás...

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Barbadás e co alcalde de Cortegada

0
image_gallery.jpg

O novo representante do Goberno autonómico analizou cos rexedores de ambos municipios os temas relacionados coa administración autonómica


O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

Nesta ocasións, reuniuse coa alcalde do concello de Barbadás e co alcalde do concello de Cortegada, cos que analizou as principais demandas destes municipios en relación á administración autonómica.

No caso do municipio de Barbadás, os asuntos que repasaron foron en materia de infraestruturas viarias, abastecemento e instalacións deportivas. Neste senso, o delegado destacou as inversións efectuadas por parte do Goberno galego en materia de igualdade, en concreto os máis de 100.000 euros nesta ultima lexislatura destinados ao Centro de Información á Muller, o cal no que leva de ano recibiu 225 consultas e atendeu a 58 persoas.

No caso de Cortegada, entre os principais temas que analizaron atópase a promoción do Camiño Miñoto, así como infraestruturas en materia deportiva.

Pola súa banda, o delegado fixo balance das recentes inversións da Xunta de Galicia neste concello, destacando o acondicionamento da ponte sobre o río Deva, a cuberta do parque infantil, infraestruturas viarias de acceso ao parque empresarial, así coma a recente concesión dunha casa niño.

Finalmente o rexedor agradeceu ao delegado este encontro e destacou o seu carácter municipalista, ao proceder dunha alcaldía dun pobo do rural, o que, na súa opinión, facilita o coñecemento das necesidades dos pequenos concellos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre