Inicio Galicia O delegado territorial da Xunta en Ourense destaca o dispositivo do Goberno...

O delegado territorial da Xunta en Ourense destaca o dispositivo do Goberno galego para garantír a mobilidade da cidadanía na rede autonómica de estradas da provincia

0
image_gallery.jpg

O Goberno galego conta na provincia ourensá con 6 centros operativos de conservación e explotación dotados con 2.000 toneladas de acopio de fundentes


O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou xunto co subdelegado do Goberno na provincia, Emilio González, na Comisión de coordinación provincial para a seguridade viaria en situacións metereolóxicas extremas. O obxectivo desta xuntanza, que se celebra cada ano por estas datas, é coordinar medios e actuacións da Xunta e do Goberno central encamiñadas a garantir seguridade viaria dos condutores na época invernal de climatoloxía adversa.

Alén Castro informou do operativo que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade desprega na provincia de Ourense ao abeiro do Plan de Vialidade Invernal do Goberno galego, posto en marcha dende o pasado 1 de novembro e que estará operativo ata o 30 de abril.

O Goberno galego conta na provincia ourensá con 6 centros operativos de conservación e explotación dotados con 2.000 toneladas de acopio de fundentes. Un dispositivo no que traballarán 102 persoas que disporán de 16 camións, 3 retros, 7 follas quitaneves e outras tantas cuñas, 13 exparexedores de sal, 4 estendedoras de salmoeira e 3 plantas de fabricación de salmoeira.

A provincia de Ourense, con 97 estradas da Rede Autonómica de Estradas de Galicia, é a que ten máis vías autonómicas susceptibles, por altitude, de rexistrar incidencias por neve ou xeo. En total 453 km que supoñen un 44% da súa rede autonómica.

O delegado territorial sinalou que coa activación do Plan, a Xunta quere garantir a mobilidade en condicións de máxima seguridade a todos aqueles cidadáns que a diario empregan as vías autonómicas para desprazarse. O programa recolle un conxunto de medidas preventivas para anticiparse aos problemas que poidan xurdir, e tamén paliativas, para reforzar a seguridade viaria ante situacións meteorolóxicas desfavorables.

Alén Castro fixo unha chamada á prudencia e á concienciación social dos condutores para que extremen as precaucións ao volante nesta época onde a climatoloxía é adversa.

Na reunión tamén participaron representantes da Deputación provincial, das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, DXT, Agrupación de Tráfico, Estradas do Estado en Ourense, Protección Civil e membros da Fegamp.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre