Inicio Galicia O delegado territorial da Xunta en Ourense analiza co xerente da área...

O delegado territorial da Xunta en Ourense analiza co xerente da área sanitaria a situación da provincia

0
image_gallery.jpg


O delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, mantivo hoxe un encontro institucional co xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, Félix Rubial, para analizar a situación sanitaria da provincia e os proxectos previstos nesta materia.

A incidencia da covid-19 entre a poboación ourensá centrou gran parte da xuntanza. Cómpre lembrar que Sanidade incluíu a Ourense e a Verín no grupo de concellos con restricións. O delegado territorial agradeceu aos profesionais sanitarios á entrega e dedicación para loitar contra a pandemia e asegurou que “poden contar con todo o apoio e respaldo do Goberno galego” e lembrou a necesidade de respectar todas as medidas de prevención, especialmente en xuntanzas e celebracións, principais orixes dos abrochos que se están a detectar na provincia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre