Inicio Galicia O delegado territorial da Xunta en Lugo visitou aos 19 rapaces de...

O delegado territorial da Xunta en Lugo visitou aos 19 rapaces de distintos países que participan no campo xuvenil de traballo da Xunta en Xermade

0

O delegado territorial de Lugo subliñou que se ofreceron este ano máis de 2.200 prazas na Campaña de Verán, con iniciativas que “combinan a aprendizaxe cultural coa experiencia vital”


O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou hoxe o campo de traballo internacional Casa da Neveira, en Xermade, que se enmarca na Campaña de Verán de actividades xuvenís que organiza a Consellería de Política Social.

Neste campo participan 19 rapaces e rapazas -de entre 19 e 30 anos- de diversos países: seis de Rusia, tres de Italia, dous de Francia, un de Ucrania e sete de España; estes últimos proceden de Barcelona, Salamanca, Bizkaia, Madrid, Logroño, Navarra e Zaragoza.

A iniciativa desenvólvese entre os días 13 e 24 de agosto e xira en torno á conservación do ben etnográfico Casa da Neveira, un xacemento medieval no que se fabricaba xeo (empregando a neve que caía no inverno) que despois se utilizaba para a conservación de alimentos dentro das antigas rutas de paso dos comerciantes.

Leer más:  El gobierno se muestra "contento" de que finalmente estén disponibles los billetes de trenes Avril y critica que la Xunta no haya celebrado la noticia

Os participantes realizan traballos de consolidación e recuperación de parte da estrutura e tamén de documentación, así como actividades complementarias de tipo lúdico y cultural: obradoiros de artesanía, actividades deportivas, rutas de sendeirismo ou excursións pola provincia.

Balance da campañaBalseiro aproveitou para facer balance da Campaña de Verán posta en marcha desde a Dirección Xeral de Xuventude, próxima a rematar. Na provincia de Lugo ofertáronse máis de 2.200 prazas en 26 campamentos e seis campos de traballo. “Isto supuxo 50 prazas máis das que ofertamos o ano pasado e un investimento de máis de 760.000 euros”, afirmou.

O delegado subliñou que estas iniciativas “combinan a aprendizaxe cultural coa experiencia vital” e teñen unha acollida extraordinaria entre os rapaces e as familias. Por iso, a Xunta aposta por estes programas e incrementa cada ano “tanto no número de prazas como no orzamento destinado á provincia na campaña de actividades de verán”.

Por último, apuntou que os mozos e mozas lucenses puideron acceder ás preto de 10.000 prazas que ofertou a Xunta no seu conxunto, nas catro provincias galegas e mesmo fóra de Galicia: en campamentos do País Vasco, Castela e León, Estremadura, A Rioxa, Madrid e Cantabria. 

Leer más:  La Audiencia Provincial de Ourense sentencia a 23 años de prisión al responsable del tiroteo en una gasolinera de Tamallancos

- Te recomendamos -