Inicio Galicia O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, insta a Javier Losada...

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, insta a Javier Losada a aproveitar a visita do secretario xeral de Infraestruturas para esixir que licite as obras da intermodal

0

A Xunta avanza no proxecto construtivo e na tramitación urbanística da nova estación de autobuses, co obxectivo de licitar as obras o antes posible

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, instou ao delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, a que aproveite a visita que realizará hoxe o secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana á provincia, para lembrarlle que leva un ano de retraso na licitación das obras da estación Intermodal da Coruña.

Trenor recalcou que “en xuño do 2019, Javier Losada anunciou a licitación inminente desta obra por parte de Adif por un importe de 48,5 millóns de euros”. O delegado da Xunta apuntou que “un ano despois o único que temos son escusas e anuncios de actualizacións do proxecto para xustificar o inxustificable”.

O representante do goberno autonómico lamenta que “o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana anunciase que se retrasaba a 2021 a previsión de licitación das obras da reforma ferroviaria” e recalca que “hoxe o representante do Goberno Central en Galicia ten unha moi boa oportunidade para informar do retraso, de máis dun ano, que leva a licitación desta obra e da importancia que ten para todos os coruñeses recuperar todo este tempo perdido”.

Trenor lembrou que a Xunta de Galicia pola súa banda, está a avanzar no proxecto construtivo e na tramitación urbanística da nova estación de autobuses, ao abeiro da Lei 3/2016 da Xunta de Galicia, de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou excepcional interese, co obxectivo de licitar as obras o antes posible.

A Xunta de Galicia xa trasladou de forma reiterada ao Goberno de España a necesidade de actuar para acabar coa paralización dos trámites administrativos e evitar desa forma atrasos considerables en obras públicas e privadas que poden agravar as consecuencias económicas da crise do COVID-19.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre