Inicio Galicia O delegado da Xunta en Vigo supervisa o novo punto de auga...

O delegado da Xunta en Vigo supervisa o novo punto de auga contra incendios executado na localidade pontevedresa de Moaña

0

No 2017 o Goberno galego analizou as infraestruturas preventivas de defensa contra os incendios forestais determinando a construción de novos depósitos de auga


Moaña (Pontevedra), 20 de xullo de 2018.- O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazouse ata o concello de Moaña para supervisar os traballos que se están a desenvolver no lugar de Outeiro do Cruceiro para a prevención dos incendios. Na visita, que realizou acompañado do xefe territorial da Consellería de Medio Rural, Antonio Crespo, o xefe de Servizo de Incendios, Manuel Francisco, e representantes das comunidades de Montes, valorou positivamente as accións que se están a levar a cabo desde o Executivo autonómico en defensa dos montes e que permiten, dixo, “dispoñer dun modelo estable na loita contra os lumes”.

Concretamente, o representante autonómico visitou a construción do novo punto de auga contra incendios no municipio pontevedrés, agradecendo á Comunidade de Montes Veciñais de Moaña a súa dispoñibilidade e a cesión dos terreos para executar o depósito. Segundo informou López-Chaves, a inversión total do Distrito XIX Pontevedra-Caldas é de 351.625,03, correspondendo ao concello de Moaña a cantidade de 72.686 euros.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

Na súa opinión, trátase de “accións fundamentais na posta en valor dos nosos bosques” baixo o obxectivo irrenunciable de “acadar unha rede óptima de infraestruturas forestais, mellorar os tempos de resposta ante os lumes, capitalizar os montes e facilitar a súa activación económica e uso dos veciños do rural”.

No ano 2017 a Xunta de Galicia analizou as infraestruturas preventivas da rede de defensa contra os incendios forestais do Distrito XIX (88.837,97 hectáreas) determinando, mediante o análises dos histórico de lumes de anos anteriores, as novas infraestruturas preventivas tanto de helicóptero como de vehículo motobomba tecendo una rede de defensa.

Na procura da eficiencia da distribución no distrito de Caldas-O Salnés, acordouse a construción de cinco novos puntos de auga de helicóptero de alta capacidade con 492,60 metros cúbicos de capacidade e construídos en formigón. Novas construcións supoñen incrementar nun 40 por cento a capacidade media dos depósitos anteriores xa construídos.

Esta rede fai que as cadencias das de descargas das aeronaves sexa cada cinco minutos sobre unha área de 3,3 quilómetros minimizando con isto o recorrido dos lumes.  

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

- Te recomendamos -