Inicio Galicia O delegado da Xunta en Vigo recibe ao colectivo ?¡Salvemos! La Gran...

O delegado da Xunta en Vigo recibe ao colectivo ?¡Salvemos! La Gran Vía?

0


O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, recibiu hoxe a varios representantes do colectivo ¡Salvemos! La Gran Vía. Os portavoces desta plataforma solicitaron o pasado día 24 de maio unha entrevista co representante autonómico co obxectivo de coñecer de primeira man as impresións da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural respecto ao proxecto municipal de transformación e reforma da Gran Vía. Asemade, aproveitaron a cita para expor as razóns que lles levan a opoñerse a esta intervención e que, segundo sinalaron, non son outras que a preservación do bulevar, dado o seu alto valor histórico e cultural.

Leer más:  Cierran la Playa de As Catedrais este jueves por el fuerte temporal

- Te recomendamos -