Inicio Galicia O delegado da Xunta en Vigo pon en valor a importancia do...

O delegado da Xunta en Vigo pon en valor a importancia do emprendemento feminino nunha visita ao centro Lingoreta

0


O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañado pola xefa territorial de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Marta Mariño, visitaron hoxe o Centro Lingoreta para coñecer de primeira man o resultado da axuda recibida ao abeiro do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino.

Este centro, dedicado á logopedia e á psicoloxía, recibiu unha subvención de 21.000 euros na liña “Activa”, para favorecer a reactivación e consolidación de empresas a través de medidas de renovación ampliación ou cambio de localización; e na “Concilia”, para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboralNa visita, o representante autonómico lembrou que o apoio ao emprendemento feminino é unha das prioridades de actuación da Secretaría Xeral da Igualdade, tal e como se reflicte a través de programas como o Emega ou no mesmo VII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2017-2020.

Leer más:  Los trabajadores de Navantia Ferrol detienen la producción durante cuatro horas

- Te recomendamos -