Inicio Galicia O delegado da Xunta en Vigo destaca a contribución da fundación Érguete...

O delegado da Xunta en Vigo destaca a contribución da fundación Érguete á formación e á inserción laboral dos drogodependentes

0


O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, inaugurou hoxe no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo a xornada “20 anos traballando coas persoas”, organizada pola Fundación Érguete-Integración.

Neste contexto, o representante autonómico destacou a contribución da fundación que lidera Carmen Avendaño á formación e á inserción laboral dos drogodependentes. Unha tarefa na que, dixo, “teredes sempre camiñando ao voso carón á Xunta de Galicia”.

O apoio da Administración autonómica tanto cos servizos coma cos programas que pon en marcha Érguete, plásmase nos máis de 200.000 euros que se lle concederon o ano pasado.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre