Inicio Galicia O delegado da Xunta asiste á inauguración do Centro Tecnolóxico Galego de...

O delegado da Xunta asiste á inauguración do Centro Tecnolóxico Galego de Videoxogos no Polígono da Granxa no Porriño

0


Vigo, 12 de decembro de 2018.- O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, asistiu hoxe á inauguración do Centro Tecnolóxico Galego de Videoxogos (Cetgavi) que tivo lugar no Polígono da Granxa, no municipio pontevedrés do Porriño. No acto, o representante autonómico incidiu na importancia do sector, o primeiro de consumo cultural en España por ingresos.

Segundo indicou, o peso de Galicia supón un catro por cento do sector español do videoxogo, ocupando o sétimo lugar entre as comunidades con trinta operadores económicos activos e 16 estudios. Catro deles localízanse na provincia de Pontevedra, un na cidade do Lérez e os outros tres en Vigo, onde tamén destacan operadores sectoriais de relevancia nacional.

Leer más:  Díaz muestra preocupación por el plan de Altri, "complejo" porque "pone en riesgo un desarrollo sostenible"

- Te recomendamos -