Inicio Galicia O decreto polo que se regula o deporte de alto nivel de...

O decreto polo que se regula o deporte de alto nivel de Galicia avanza cara a súa aprobación e xa se poden achegar suxestións desde a sede electrónica da Xunta

0

Ademais, hoxe mesmo, o Diario Oficial de Galicia publica unha nova resolución pola que se recoñecen a 47 novos deportistas de alto nivel (20 mulleres e 27 homes) chegando aos 409 o número total de deportistas galegos e galegas de alto nivel (154 mulleres e 255 homes), dos que 6 son deportistas con discapacidade


O decreto polo que se regula o Deporte de Alto Nivel de Galicia avanza cara a súa aprobación e xa se poden achegar suxestións ao proxecto de decreto desde a sede electrónica da Xunta de Galicia. Deste xeito, este proxecto de decreto que procura dispoñer dunha nova normativa reguladora do deporte de alto nivel en Galicia que contemple os requisitos para acceder á condición de alto nivel, os beneficios, dereitos e deberes, atópase no prazo de envío de suxestións desde hoxe ata o vindeiro 23 de agosto de 2018.

Durante o prazo de envío de suxestións, as persoas, individualmente ou por medio de asociacións que as agrupen ou representen, poderán remitilas a través dun formulario que se habilitará para cada normativa. Desta forma, as súas proposicións, suxestións ou recomendacións serán tidas en conta polo órgano encargado da redacción do texto do proxecto, que poderá asumilas ou rexeitalas a través dun informe final no que constará a resposta razoada a cada caso, agás naqueles de recoñecida e notoria urxencia. Neste último suposto, a resposta poderá ser común para todas aquelas suxestións que formulen cuestións substancialmente iguais.

Leer más:  Procesiones suspendidas este Jueves Santo en Galicia por el temporal, con rachas que superan los 120 km/h

A Secretaría Xeral para o Deporte continua traballando no decreto que desenvolverá ao deporte de alto nivel en Galicia. O obxectivo é a regulación do deporte de alto nivel de Galicia de xeito que os deportistas, adestradores e árbitros galegos que adquiran este recoñecemento se vexan beneficiados por novas vantaxes no eido educativo, laboral ou económico, entre outros.

Nova resoluciónAdemais, o Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución do 13 de xullo de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos como deportistas galegos de alto nivel polo procedemento iniciado en xuño de 2018, así como as solicitudes desestimadas e a causa.

Nesta nova resolución recoñécense a 47 novos deportistas galegos e galegas de alto nivel polo procedemento iniciado en xuño de 2018 (20 mulleres e 27 homes) que se suman á lista de 362 deportistas galegos e galegas de alto nivel recoñecidos en anteriores convocatorias (134 mulleres e 228 homes). No momento actual Galicia conta con 409 deportistas galegos e galegas de alto nivel (154 mulleres e 255 homes), dos que 6 son deportistas con discapacidade. 

Leer más:  Interceptan a un conductor que se dio a la fuga en Culleredo (A Coruña) tras colisionar con tres coches

- Te recomendamos -