Inicio Galicia O cuarteto da 'Luca' ofrece os días 23 e 26 de decembro...

O cuarteto da 'Luca' ofrece os días 23 e 26 de decembro dous concertos didácticos na Delegación Territorial da Xunta

0

Son actividades do ciclo ‘Clásica en familia’, previstas nos dous casos para as 12,00 horas e con acceso libre e gratuíto

O cuarteto da Luca (a orquestra Lugo Camerata) ofrecerá a próxima semana na Delegación Territorial da Xunta en Lugo dous concertos didácticos dentro do ciclo Clásica en Familia.

A primeira cita será o luns 23 e haberá outra o xoves 26. Ambas se desenvolverán no salón de actos do edificio administrativo da Ronda da Muralla a partir das 12,00 horas e serán de acceso libre e gratuíto.

Ambos concertos do cuarteto de corda van dirixidos a toda a familia e buscarán a implicación do público, coa finalidade de achegar a música clásica dun xeito didáctico a todos os asistentes.

O primeiro concerto leva por título Aprender a escoitar e tratará de amosar as ferramentas das que dispón a música para expresarse (dinámicas, velocidades, texturas…), todo isto levado a diferentes estilos.

O segundo titúlase Narrar sen palabras e pretende ensinar as historias que están ocultas na música, aprender a entender a súa linguaxe e amosar todas as cousas que pode evocar a combinación dos seus elementos (paisaxes, sensacións, ideas, accións, personaxes…).

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre