Inicio Galicia O CSD aborda a posibilidade de que o deporte federado non profesional...

O CSD aborda a posibilidade de que o deporte federado non profesional poida superar os límites do toque de queda nos desprazamentos esixidos pola práctica deportiva

0
image_gallery.jpg

O secretario xeral para o Deporte insiste unha vez máis na necesidade de esclarecer os puntos que aínda non están pechados no protocolo do CSD, nomeadamente, no caso das probas de detección a realizar e o seu financiamento


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na Plataforma Interterritorial do Grupo de Tareas de Impulso al Deporte (GTID) e as Comunidades Autónomas para a análise e posta en común do Real Decreto 926/2020, de 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

Nesta reunión, o Consejo Superior de Deportes abordou a posibilidade de que o deporte federado non profesional poida ser asimilado ao deporte profesional no punto H do artigo 5º e no punto K do artigo 6º do devandito Real Decreto nos que se exceptúan os casos das limitacións de liberdade de circulación das persoas en horario nocturno e de entrada e saída nas comunidades autónomas.

Deste xeito, o deporte federado non profesional podería contar con permiso de mobilidade e superar as franxas horarias establecidas -de 23:00 a 6:00 horas- nos desprazamentos esixidos pola propia práctica deportiva.

Urxente necesidade de abordar a cuestión dos testsAdemais, o secretario xeral para o Deporte insistiu unha vez máis na necesidade de esclarecer os puntos que aínda non están pechados no protocolo para o regreso das competicións oficiais de ámbito estatal e carácter non profesional, elaborado polo CSD, nomeadamente no caso das probas de detección a realizar e o seu financiamento. Precisamente estas cuestións están pendentes de decidir no Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud, a pesar de que a gran maioría das competicións xa teñen comezado.

A Xunta agarda a celebración deste Consello para dirimir estas cuestións de absoluta importancia para a reactivación do deporte estatal. Lete Lasa lembrou que a Orde do 30 de setembro de 2020 da Xunta de Galicia que esixe “test serolóxicos ou outras probas similares” para os equipos e deportistas das competicións deportivas oficiais non profesionais de ámbito estatal de modalidades deportivas que poidan implicar contacto é unha medida “provisional” para “cubrir transitoriamente un baleiro que é necesario abordar sen moita máis dilación”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre