Inicio Galicia O Consorcio Casco Vello de Vigo someterá este luns a votación un...

O Consorcio Casco Vello de Vigo someterá este luns a votación un orzamento que supera os 4 M? para o 2021

0

A presidenta do organismo e delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, pon en valor o esforzo inversor da Administración galega, que duplica de novo a súa achega con 400.000 euros para o vindeiro exercicio

A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) e delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, avanzou hoxe que o Consello de Administración do organismo someterá este luns a votación un orzamento que supera os 4 millóns de euros para o 2021.

Fernández-Tapias, que espera que o programa de actuación, inversión e financiamento conte co respaldo das administracións implicadas, recordou que o marxe de actuación do Consorcio vén limitado pola imposibilidade de adquirir varios inmobles na zona alta do barrio histórico e, neste sentido, reclamou de novo a colaboración do Concello de Vigo.

Así, a presidenta do CCVV garantiu que a achega por parte da Xunta de Galicia, que este ano volve a duplicarse con respecto ao 2019, está condicionada a que se fixen novas actuacións. “Non é un problema de fondos, senón de vontade política”, advirte a representante autonómica, que insiste de novo na “vella aspiración do Consorcio” de que o alcalde de Vigo firme “dunha vez por todas” o convenio de expropiación que mantén paralizado desde o 2017.“É a única vía para que podamos seguir investindo na parte alta”, sinalou, en clara referencia a varios inmobles que o ente rehabilitador non é quen de adquirir por diversas circunstancias como a imposibilidade de acordo entre os seus propietarios. Segundo cifrou, “estariamos a falar concretamente de cinco edificacións”, as correspondentes a Ferrería 1, Abeleira Menéndez 14, San Sebastián 20 e Subida ao Castelo 9 y 11.

Por tanto, reclámalle á Administración local que colabore co Consorcio e facilite a adquisición de estes inmobles para poder garantir a continuidade da actividade do Consorcio. Só neste caso, agregou Fernández-Tapias, se contemplaría a revisión das aportacións por parte dos organismos consorciados (participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10 polo Concello de Vigo) “pola cantidade que sexa necesaria”.

Con todo, recordou que o programa de actuacións financiase principalmente coa venda de vivendas rehabilitadas ademais das aportacións das distintas administracións e que, polo tanto, o ente ten presuposto e un plan definido para continuar coa rehabilitación da zona. Se ben, Fernández-Tapias recoñeceu que bota en falla unha maior implicación do Concello de Vigo, ao que lle instou a “poñer un pouco de interese pola súa banda”.

Tras poñer en valor o esforzo inversor da Xunta de Galicia, cunha inversión que supera os 27 millóns de euros nos últimos anos, así como a súa implicación duplicando a achega económica xa no 2020 e no presente exercicio por encima dos 400.000 euros, defendeu o “valioso traballo” do Consorcio de recuperación edificatoria e patrimonial.“Desde a Xunta temos claro que a nosa prioridade é a de seguir actuando nos dous eixes fundamentais do Consorcio; facilitar o acceso das familias a unha vivenda e recuperar a vida do centro histórico de Vigo”, aseverou, para exixir ao alcalde que aclare cal é a súa postura al respecto, aludindo así a firma do convenio que permitiría a expropiación referida de varios inmobles.108 vivendas rehabilitadasDesde o 2005 o Consorcio Casco Vello de Vigo xa rehabilitou un total de 108 vivendas e 33 locais. Así, leva adquiridos 82 inmobles, dos que 60 xa foron rehabilitados e cinco están en execución por un importe de 2,82 millóns de euros e dos que se prevén obter 15 vivendas e 3 locais.

Do total destas 15 vivendas en rehabilitación, 7 están situadas na zona alta do Casco Vello e 8 na zona do Berbés. Neste ano 2020 prevese rematar a obra de 3 destas 15 vivendas.

Sorteo vivendasPor último, Fernández-Tapias recordou que o Instituto Galego de Vivenda e Solo de Galicia acaba de facer públicas a relación dos 80 admitidos para participar nos sorteos de tres vivendas promovidas polo Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) en senllos edificios situados na rúa Real 25 e Cruz Verde 12 para tres vivendas que forman parte das promocións deste organismo.

A vivenda situada na rúa Real 25 formou parte dunha promoción anterior do CCVV, realizada en 2009, e sae agora a concurso tras concluír o dereito de superficie constituída sobre ela no momento da súa construción. Trátase dunha vivenda situada na segunda planta deste edificio, cunha superficie de 83 metros cadrados e para que a fixouse un prezo de 147.360,66 euros.

En canto á promoción Cruz Verde 12 sinalar que son dúas as vivendas que se ofertan, ambas as dúas cunha distribución similar que inclúe dous dormitorios, un baño, salón-comedor e lavadoiro-tendal. A vivenda A conta cunha superficie de 65,90 metros cadrados e adxudicarase cun prezo de 111.000 euros. A vivenda B, pola súa banda, ten unha superficie de 73,45 metros cadrados e o seu prezo fixouse en 126.000 euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre