Inicio Galicia O Consello Galego de Universidades informa favorablemente o anteproxecto de Lei de...

O Consello Galego de Universidades informa favorablemente o anteproxecto de Lei de recoñecemento da Universidade Intercontinental de la Empresa

0

Na reunión deuse tamén luz verde á desadscrición do Centro Español de Nuevas Profesiones da Universidade da Coruña e á creación do ICRETUS

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presidiu hoxe a reunión do Consello Galego de Universidades (CGU), na que se informou favorablemente o anteproxecto de Lei de recoñecemento da Universidad Intercontinental de la Empresa, promovida pola Fundación Galicia Obra Social-Afundación.

Así mesmo, na xuntanza emitiuse informe favorable á desadscrición do Centro Español de Nuevas Profesiones (CENP) da Universidade da Coruña, que modificará o actual grao de Turismo para impartilo nun centro propio a partir do vindeiro curso. Outras das cuestións abordadas foron a revogación da autorización de impartición de 22 titulacións e informar do envío a verificación, reverificación ou modificación de 27 titulacións, así como a creación do Instituto Universitario de Investigación Interdisciplinar de Tecnoloxías Ambientais (ICRETUS).

Cómpre sinalar que, no caso da Universidade Intercontinental de la Empresa, o trámite de informe do Consello Galego de Universidades, no que se analiza se o anteproxecto de lei se axusta aos requirimentos establecidos pola normativa galega e estatal, é preceptivo pero non vinculante. Trátase dun trámite máis marcado polo procedemento legal e, independentemente da decisión tomada, unha vez recompilados todos os informes preceptivos, a Consellería deberá someter o anteproxecto a aprobación do Consello da Xunta de Galicia para a súa posterior tramitación parlamentaria.

No caso de que o Parlamento de Galicia aprobe a lei de recoñecemento, será necesaria a tramitación dun decreto da Xunta de Galicia, para autorizar o inicio de actividades da nova universidade, unha vez comprobado o cumprimento dos requisitos legais esixidos pola normativa estatal e autonómica vixente, tal como establece o artigo 15 da Lei 6/2013, do Sistema universitario de Galicia.

Cómpre lembrar que as titulacións que oferte a nova entidade deberán someterse ao proceso de verificación previsto na normativa estatal e autonómica vixente en materia de titulacións.

DesadscriciónTras a decisión da UDC de desadscribir a súa escola universitaria de Turismo do Centro Español de Nuevas Profesiones, a Consellería de Educación mediou entre as partes para acadar a mellor solución para o alumnado, salvagardando sempre os seus dereitos. As sucesivas xuntanzas tiveron como resultado a sinatura o pasado 3 de decembro dun acordo entre a Xunta, a UDC e o Centro Español de Nuevas Profesiones.

A través del, Universidade e Centro deixan sen acordo o convenio de adscrición de 2014 e a Xunta comprométese a tramitar a desascripción e autorizar a modificación do título de Grao en Turismo, que será impartido na Facultade de Filoloxía da UDC.

Cómpre sinalar que a tramitación do expediente de desadscrición deberá conter a proposta do Consello de Goberno da universidade, os informes favorables do Consello Social da universidade, da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) e do Consello Galego de Universidades (trámite que se adiantou hoxe e que foi informado favorablemente), e deberá ser aprobada por decreto Consello da Xunta e informada á Conferencia General de Política Universitaria.

Co fin de axilizar os trámites e que a UDC poida oferta esta titulación na devandita facultade a partir do curso 2020/21, a Consellería decidiu propoñerlle hoxe ao CGU a emisión do correspondente informe, condicionado á tramitación e aprobación do decreto de autorización de desadscrición no Consello da Xunta.

ICRETUSPor outra banda o CGU informou favorablemente a creación do Instituto Universitario de Investigación Interdisciplinar de Tecnoloxía Ambientais (ICRETUS) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), dado que a documentación presentada relativa á solicitude de creación do mesmo reúne os requisitos exixidos na lexislación vixente para a súa toma en consideración.

Antes da aprobación da creación do Instituto, que se produciría por decreto do Consello da Xunta, debe darse traslado do expediente ao resto das entidades que deban pronunciarse ao respecto, isto é, o Consello de Goberno da Universidade e o seu Consello Social. Ademais, a USC deberá presentar a documentación acreditativa da excelencia científica, técnica o artística así como da conveniencia estratéxica para o desenvolvemento económico e social de Galicia, centros e institucións participantes e, no seu caso, as condicións da participación das administracións públicas e a expectativa de autofinanciamento.

Acordos de revogaciónPor outra banda someteuse a informe do pleno do CGU (que foi favorable) a proposta de revogación da autorización de impartición de 22 titulacións, tras o consentimento de cada universidade. A revogación débese ás causas indicadas na Orde de 20 de marzo de 2012, en concreto non ofertar prazas, como mínimo, durante os dous últimos cursos académicos, non acadar o número mínimo de alumnos establecido, extinción do plan de estudos por autorización dun novo título, fusión de varias titulacións que dá lugar á autorización dun novo título, modificación substancial dun título existente ou decisión da propia universidade.

As titulacións revogadas son as que figuran na seguinte táboa:

Normal

0

false

false

false

GL

X-NONE

X-NONE

Universidade da Coruña

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre