Inicio Galicia O Consello Galego de Turismo informa favorablemente da declaración de catro novas...

O Consello Galego de Turismo informa favorablemente da declaración de catro novas festas de interese turístico

0

A Festa Romaxe das Cruces de Ribadeo, a Feira do Poldro e Gando do Monte de Muras, a Semana Santa de Lugo e a Romaría do San Brais de Bembrive reciben o visto bo e serán elevadas ao Consello da Xunta para a súa aprobación definitiva

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2018.- O Consello Galego de Turismo informou hoxe favorablemente da posible declaración de catro novas festas de interese turístico de Galicia. Esta decisión é o paso previo á elevación dos respectivos informes ao Consello de Goberno de Xunta para proceder á aprobación definitiva deste recoñecemento.

En concreto, unha vez comprobado o cumprimento dos requisitos contemplados no decreto 4/2015, deuse o visto bo a que obteñan esta distinción a Festa da Romaxe das Cruces, en Ribadeo; a Feira do Poldro e Gando do Monte, en Muras; a Semana Santa de Lugo e a Romaría do San Brais de Bembrive. Así mesmo, abordouse o caso doutra serie de festas cuxa declaración foi denegada. Ao respecto, valorouse o labor realizado polos seus responsables e concellos e animouse a continuar traballando na súa organización e singularidade. Trátase de Festa dos Callos, de Salceda de Caselas; a Festa do San Xoán da Pena Molexa, de Narón; a Festa da Chaira Labrega de Guitiriz e o Entroido do Grove.

Leer más:  Margarita Robles visitará el martes el Arsenal Militar de Ferrol

O Consello Galego de Turismo está composto por representantes de distintos departamentos da Xunta de Galicia, da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), das universidades e do sector turístico. En concreto, forman parten del empresas de restauración, de establecementos de turismo rural, axencias de viaxes e centrais de reserva, hoteis balneario e hoteis talaso e campamentos de turismo. Tamén o integran representantes sindicais e de consumidores e usuarios, así como persoas especialistas neste ámbito.

Na reunión, os integrantes do Consello Galego de Turismo tamén referendaron a declaración do concello de Pantón como municipio de interese turístico, unha vez corroborado que cumpre as condicións recollidas no decreto 32/2015 así como os distintos aspectos necesarios.

Colaboración público-privadaO conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou por primeira neste órgano despois da remodelación do goberno, polo que aproveitou a ocasión para saudar ao resto de membros e sinalar os importantes desafíos e oportunidades que supoñen, no corto prazo, a chegada do AVE e á celebración do Xacobeo 21. Por iso, salientou a importancia de afondar na colaboración pública-privada impulsada no marco da Estratexia do Turismo 2020.

Leer más:  El viento, con rachas de más de 150 km/h , deja este miércoles en Galicia más de 160 incidencias

Entre os temas abordados hoxe atópase tamén o proxecto de decreto polo que se establece a ordenación dos campamentos de turismo, que avanza na súa tramitación, así como o repaso aos plans en marcha e aos proxectos europeos nos que a Comunidade está presente.  


- Te recomendamos -