Inicio Galicia O Consello Galego de Transportes dálle o visto e prace ao Plan...

O Consello Galego de Transportes dálle o visto e prace ao Plan de transporte público de Galicia, que este mesmo mes se elevará ao Consello da Xunta

0

O documento contén as liñas mestras da planificación para a completa renovación do mapa de servizos de autobús da Comunidade Autónoma cando finalicen as concesións vixentes en 2019


Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2018.- O Consello Galego de Transportes deulle hoxe o seu visto e prace ao Plan de transporte público de Galicia, que este mesmo mes será elevado ao Consello da Xunta para a súa aprobación.

O Consello Galego de Transportes é un órgano colexiado no que están representados todos os axentes relacionados directa ou indirectamente con este sector: os distintos departamentos a Xunta de Galicia, a Administración xeral do Estado, os concellos, as deputacións provinciais, as cámaras de comercio, os colectivos de consumidores e usuarios, as forzas sindicais e as patronais dos distintos sectores do eido do transporte.

O Plan de transporte público de Galicia é o traballo de renovación completa do mapa de servizos de autobús da Comunidade Autónoma que está a elaborar a Xunta co horizonte da próxima finalización do vigor das actuais concesións, que se producirá en 2019. O documento aprobado hoxe contén as liñas mestras dese traballo.

Leer más:  El gobierno se muestra "contento" de que finalmente estén disponibles los billetes de trenes Avril y critica que la Xunta no haya celebrado la noticia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade presentou ante este foro o documento resultado do primeiro proceso de participación pública ao que foi sometido ese Plan e que incorpora, na medida do posible, as achegas formuladas ao mesmo polos diferentes concellos e entidades.

Unha vez acadado o informe favorable do Consello Galego de Transportes, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade elevará o Plan ao Consello da Xunta, como paso previo ao deseño dos anteproxectos das novas liñas que serán tamén sometidas a un proceso de participación pública antes da súa aprobación e licitación.

A finalidade de todo este proceso é acadar un transporte público máis útil, sostible e eficiente, capaz de responder con eficacia ás necesidades de mobilidade da Galicia do século XXI, afondando nas novas modalidades de autobús compartido e servizos baixo demanda.

O Plan contén as medidas necesarias para garantir a pervivencia do tecido empresarial galego do sector e a continuidade de todos os postos de traballo. 


- Te recomendamos -