Inicio Galicia O Consello Galego de Cooperación para o desenvolvemento aproba o IV Plan...

O Consello Galego de Cooperación para o desenvolvemento aproba o IV Plan director da cooperación galega 2018-2021

0

O Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (CONGACODE) é o órgano asesor no que están representados a Administración autonómica e o resto dos axentes de cooperación,

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo presidiu esta mañá a reunión plenaria do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento na que se presentou o proxecto do IV Plan director de Cooperación Galega para o desenvolvemento 2018-2021, documento estratéxico que rexerá a política de cooperación da Xunta de Galicia nos vindeiros 4 anos.

O director xeral sinalou que este IV Plan Director da Cooperación Galega terá un carácter mais estratéxico e buscará a posta en valor dos aspectos cualitativos da nosa cooperación, afondará na concentración xeográfica da axuda galega, que xa se iniciou co II e III Plan, e apostará por unha orientación estratéxica das actuacións de cooperación que reforce as singularidades e vantaxes comparativas da nosa Comunidade Autónoma, poñendo énfase na especialización en determinados sectores nos que Galicia dispón de demostrada experiencia.

Tamén destacou Gamallo que a cooperación galega seguirá apostando polo fortalecemento das capacidades dos actores e axentes de cooperación na busca de maiores complementariedades e da xeración de sinerxías entre eles que permitan alianzas estratéxicas para a posta en marcha liñas de actuación novidosas aproveitando a experiencia de algúns actores. Neste senso, sinalou que tamén se reforzará a colaboración transfronteiriza cos axentes galegos de cooperación no marco da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

O novo Plan director establece 11 países prioritarios cara aos que se orientará en maior medida (un mínimo dun 90% dos recursos destinados a cooperación no exterior)) o esforzo do sistema galego de cooperación: Bolivia, Ecuador e Perú (en América do Sur), República Dominicana (no Caribe) e Guatemala, O Salvador, Honduras e Nicaragua (en Centroamérica) e Mozambique, Cabo Verde e Guinea Bissau (en África), cunha clara aposta aposta polos países lusófonos.

Así mesmo, as convocatorias públicas de axudas para actividades de cooperación continuarán sendo a principal forma de canalización de fondos da Cooperación Galega nos vindeiros 4 anos. De acordo co establecido na Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento, o Plan será remitido ao Consello da Xunta para o seu visto bo e posteriormente ao Parlamento de Galicia para a súa aprobación definitiva. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre