Inicio Galicia O Consello Galego das Mulleres elaborará un informe sobre a situación das...

O Consello Galego das Mulleres elaborará un informe sobre a situación das mulleres maiores en Galicia

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presidiu hoxe a reunión do pleno deste organismo

O Pleno do Consello Galego das Mulleres aprobou hoxe a creación dunha comisión de traballo que se encargará de elaborar un informe sobre a situación das mulleres maiores en Galicia.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presidiu hoxe a reunión deste organismo, na que tamén se aprobou a creación dunha comisión de traballo que se encargará do seguimento dos plans vixentes no ámbito da igualdade: o VII Plan estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2017-2020 e o Plan galego de conciliación e corresponsabilidade 2018.2021.

Ademais, na reunión de hoxe tamén se levou a cabo a votación para designar ás tres vogais que representarán ás asociacións do Consello Galego das Mulleres dentro do Observatorio Galego de Violencia de Xénero. Acordouse así que as representantes no Observatorio serán a Asociación para a Promoción e Integración das Mulleres Galegas do Rural, a Asociación de Mulleres Rurais A Xuntanza de Castro de Rei, e a Asociación de Mulleres Rurais e Culturais de Santa Mariña.

O Consello Galego das Mulleres configúrase coma unha vía de participación das mulleres –a través das asociacións e entidades representativas dos seus intereses- no deseño de políticas de fomento da igualdade e de loita contra a discriminación e a erradicación da violencia de xénero. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre