Inicio Galicia O Consello Galego das Mulleres crea a comisión de traballo de coeducación...

O Consello Galego das Mulleres crea a comisión de traballo de coeducación e o grupo de avaliación do Plan de igualdade e do Plan de conciliación e corresponsabilidade

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presidiu esta maña o Pleno do Consello Galego das Mulleres

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presidiu esta maña o Pleno do Consello Galego das Mulleres, que creou a Comisión de traballo de Coeducación, así como o grupo de traballo de avaliación do VII Plan de Igualdade e do Plan de Conciliación e Corresponsabilidade.

Segundo explicou López Abella, entre as finalidades do Consello Galego das Mulleres están a de ofrecer unha canle de participación efectiva ás mulleres, a través das asociacións e entidades representativas dos seus intereses no desenvolvemento e aplicación do dereito á igualdade entre mulleres e homes e a loita contra a discriminación, recollendo as súas reivindicacións e propostas, así como actuar como interlocutor ante a Administración autonómica e ante calquera institución ou entidade de carácter público ou privado, para o desenvolvemento de políticas públicas e medidas encamiñadas á consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes, e á erradicación da violencia de xénero.

Polo que para a consecución destes obxectivos, no Consello Galego das Mulleres deben estar representados os sectores máis relevantes que actúan no eido da igualdade, polo que o decreto 157/2012 establece directamente a participación e forma de designación dos/as vogais representativos/as das administracións públicas, autonómica e local de Galicia e das organizacións sindicais e empresariais.

Precisamente o feito de que 15 das vogalías do Consello Galego das Mulleres correspondan a asociacións e federacións de mulleres fixo necesario que, previamente á súa constitución, houbera que levar a cabo un proceso de elección que resultou bastante complexo ao ter que garantir, na medida do posible, tanto a representatividade das catro provincias da Comunidade Autónoma, como a diversidade de ámbitos sectoriais de actuación das asociacións e federacións de mulleres que desenvolven as súas actividades na Comunidade Autónoma.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre