Inicio Galicia O Consello Executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística analizará a...

O Consello Executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística analizará a proposta de cambio do director do ente

0

O avogado coruñés Jacobo Hortas substituirá ao fronte do organismo autonómico a José Antonio Cerdeira, quen renuncia ao cargo a petición propia

O Consello Executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) reunirase mañá mércores para analizar a proposta de cambio do actual director deste organismo autonómico, José Antonio Cerdeira, quen renuncia a petición propia ao cargo que ocupa desde o ano 2015.

O candidato proposto pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para poñerse ao fronte da APLU é Jacobo Hortas García, avogado natural da Coruña e avalado por unha ampla experiencia en materia urbanística. O relevo ao fronte da Axencia, en todo caso, terá que ser ratificado aínda polo Consello da Xunta, quen previsiblemente aprobará o nomeamento de Hortas na súa reunión deste xoves.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre