Inicio Galicia O Consello de Avaliación Documental de Galicia aproba a eliminación de 11.700...

O Consello de Avaliación Documental de Galicia aproba a eliminación de 11.700 unidades de instalación

0

O director xeral de Políticas Culturais presidiu a quinta xuntanza deste ente que ten por obxectivo favorecer a xestión eficiente do sistema arquivístico da Comunidade

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, presidiu esta mañá na Cidade da Cultura a quinta reunión do Consello de Avaliación Documental de Galicia, un ente que ten por obxectivo favorecer a xestión eficiente do sistema arquivístico da Comunidade.

A xuntanza contou coa participación de representantes dos diferentes arquivos existentes en Galicia e nela aprobouse a eliminación de 11.700 unidades de instalación da Administración autonómica tras a súa valoración técnica. Ademais, no marco deste encontro, informáronse favorablemente 16 propostas de avaliación de series documentais pertencentes a administracións locais, universidades ou da Administración autonómica.

A principal finalidade deste órgano é o estudo e ditame das cuestións relativas á cualificación e emprego dos documentos producidos, recibidos ou acumulados polas institucións, administracións e organismos públicos e empresas ou entidades, así como a súa integración nos arquivos no ámbito do Sistema de Arquivos de Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre