Inicio Galicia O Consello de Acción Exterior informa favorablemente do anteproxecto de Lei de...

O Consello de Acción Exterior informa favorablemente do anteproxecto de Lei de acción exterior de Galicia

0

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, expuxo hoxe na xuntanza os detalles e novidades deste anteproxecto


O Consello de Acción Exterior (CAEX) informou hoxe favorablemente, sen ningún voto en contra, do anteproxecto da Lei reguladora da acción exterior e cooperación para o desenvolvemento de Galicia, que ten entre os seus obxectivos configurar un marco xeral con vocación de permanencia da acción exterior galega e contribuír á realización dos obxectivos da Axenda Global de Desenvolvemento das Nacións Unidas.

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, expuxo hoxe na xuntanza os detalles e novidades deste anteproxecto, que se está elaborando coas máximas garantías de transparencia e participación: incluíndo tanto os trámites obrigados de participación pública, como a interlocución directa cos axentes sociais e da sociedade civil, ou a colaboración fluída co Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e CooperaciónGrazas a este novo informe favorable do CAEX, o anteproxecto de Lei segue avanzando na súa tramitación co obxectivo de que sexa aprobada polo Consello da Xunta en datas próximas.

Entre os obxectivos da futura Lei -ademais de establecer un marco xeral da acción exterior e afondar na execución dos ODS- está tamén mellorar a proxección da comunidade autónoma; optimizar a súa participación nos foros internacionais; mellorar a participación do sector exterior na economía e mercado de traballo; mellorar a atención dos galegos no exterior; consolidar a Eurorrexión e a súa proxección nos países da lusofonía; e dotar a Galicia dun maior protagonismo no ámbito da cooperación para o desenvolvemento.

O texto incorpora algunhas novidades salientables, como a creación do Asento de galegos no exterior e o Asento de empresas galegas no exterior; así como tamén propón regular o novidoso Rexistro de foráneos con intereses en Galicia, que incluirá voluntariamente aquelas persoas non españolas e residentes fóra de España que teñan un especial vínculo con Galicia.

Consello de Acción ExteriorO CAEX é un órgano colexiado, asesor da Xunta en materia de acción exterior e tamén un órgano básico de coordinación entre todos os axentes ou actores con proxección exterior de Galicia. Nel están representados distintos departamentos da Xunta, as comunidades galegas, as universidades, empresarios, sindicatos, ONGDs e outros expertos relacionados co ámbito internacional.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre