Inicio Galicia O Consello da Xunta iniciará mañá os trámites para que os servizos...

O Consello da Xunta iniciará mañá os trámites para que os servizos xurídicos se personen no caso do Pazo de Meirás

0

Aprobará a autorización para que o Goberno galego se incorpore ao proceso civil iniciado pola Administración Xeral do Estado

O Consello da Xunta iniciará mañá os trámites para que os servizos xurídicos da Administración autonómica poidan personarse no proceso civil iniciado pola Administración Xeral do Estado para a recuperación do Pazo de Meirás para o patrimonio público.

Así, mañá está previsto que o Consello da Xunta na súa reunión semanal aprobe a autorización necesaria para que se inicien os trámites necesarios.

Con esta decisión darase tamén cumprimento á Proposición Non de Lei aprobada en xuño no Parlamento galego, na que se instaba á Administración Xeral do Estado a realizar as accións legais oportunas para reintegrar o Pazo de Meirás ao patrimonio público, sen que isto implique un novo custo para o pobo de Galicia, e á Xunta a incorporarse a este proceso civil cando fora exercida esta acción legal.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre