Inicio Galicia O conselleiro do Medio Rural sinala que a unión dentro do sector...

O conselleiro do Medio Rural sinala que a unión dentro do sector lácteo é a mellor fórmula para garantir o seu éxito

0

José González puxo como exemplo desa unidade a campaña comercial de Leche Celta Pastoreo e co selo Galega 100% na que participa tamén Vegalsa-Eroski e que se presentou hoxe en Betanzos

O conselleiro do Medio Rural, José González, insistiu hoxe na importancia da “unión entre todos os axentes do sector lácteo, para garantir o seu éxito”. Fíxoo na presentación da campaña comercial de Leche Celta Pastoreo e co selo Galega 100%, que tivo lugar no centro comercial Eroski Center de Betanzos.

O titular de Medio Rural destacou como unha “boa nova” esta iniciativa empresarial, na que se dan a man os diferentes axentes da cadea de valor do leite, desde os gandeiros ata o consumidor final, pasando pola industria e a distribución. Por este motivo, o conselleiro visitou tamén esta mañá unha explotación gandeira no concello coruñés de Mesía que entrega produto a Leche Celta e rematou o seu periplo na planta desta industria en Pontedeume.

O conselleiro felicitouse por ter a oportunidade de percorrer e “coñecer de primeira man, nunha mesma xornada, os diferentes piares sobre os que se asenta o noso sector lácteo”. Neste contexto, e ante representantes de gandeiros, industria, distribución e consumidores, apelou a esa unidade como a mellor fórmula para garantir o seu porvir.

Leer más:  Amazon inaugurará una estación logística adicional en Cambre (A Coruña)

CalidadeJosé González salientou especialmente a calidade como factor diferencial do produto e indicou que, neste caso de Leche Celta, “mesmo podemos falar case de excelencia debidamente certificada”. Vinculouna, ademais, con indicativos como a correcta rastrexabilidade, a sustentabilidade e o máximo esmero na produción, “desde a vaca ata o consumidor”. Por iso, dixo, “esforzareime por fomentar esa calidade, que ten que ser unha filosofía que impregne toda a cadea de valor, pero tamén por garantir a mobilización de terras en desuso, por ordenar do mellor xeito posible o territorio agrario e forestal e por lograr un agro dinámico e vivo”.

O conselleiro rematou a súa intervención felicitando “a todos os que dun modo ou outro fixestes posible esta iniciativa” e amosando aos axentes do sector o seu “pleno compromiso de traballo e dedicación”, co fin de ir “da man para impulsar o medio rural galego en xeral e o lácteo en particular”. 


- Te recomendamos -