Inicio Galicia O conselleiro do Medio Rural destaca o incremento no 2018 da facturación...

O conselleiro do Medio Rural destaca o incremento no 2018 da facturación dos gandeiros galegos ata os 851 millóns de euros

0

Sinalou que, ademais do prezo, é necesario coñecer os custos de produción e as marxes de beneficio dos titulares das explotacións para valorar o estado do sector


O conselleiro do Medio Rural, José González, presidiu hoxe o Consello Agrario galego no que deu conta dos últimos datos do sector lácteo, entre os que destacou o incremento da facturación dos gandeiros da nosa comunidade. No 2018 esta cifra chegou aos 851 millóns de euros, sinalou González, o que supón un incremento do 16% respecto a 2016.

Isto é así grazas a dúas cuestións, por unha banda o aumento do prezo, que alcanzou no seu momento máis alto do ano os 31,9 céntimos, e grazas ao incremento da produción. En concreto, segundo trasladou o propio conselleiro, o volume de leite producido en Galicia en 2018 chegou aos 2,73 millóns de toneladas, un 5% máis que hai dous anos.

O conselleiro sinalou que estes datos demostran a boa marcha do sector pero que dende a consellería non están “satisfeitos”. “O ámbito lácteo ten que reflexionar sobre cal vai ser o seu futuro e pactar unha estratexia de dinamización”, sinalou José González, e indicou que precisamente neste camiño terá un importante papel a Estratexia de dinamización do sector lácteo galego na que estarán todos os axentes implicados. Neste sentido, o titular de Medio Rural tamén apelou á necesidade de comezar a falar doutros indicadores ademais do prezo como son os custos de produción e as marxes de beneficio.

PAC 2020Precisamente co obxectivo de defender os intereses dos agricultores e gandeiros, José González, sinalou que involucrará ao sector na reforma da PAC. Será a través do grupo de traballo multidisciplinar que se creará en Galicia para determinar as necesidades da nosas explotacións e contemplalas na postura que a Xunta presentará ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. O obxectivo é que as peculiaridades de Galicia se teñan en conta no plan estratéxico español como son o límite de axuda de 60.000 euros por granxa, as axudas para explotacións con limitacións naturais e os dereitos históricos dos nosos agricultores e gandeiros.

Así, o Consello Agrario será un foro máis no que valorar os avances neste sentido. De feito, o conselleiro sinalou tamén a súa intención de aumentar a periodicidade destes encontros para que funcionen realmente como o órgano de interlocución da consellería cos axentes que integran o ámbito agrario.

Aplicación das conclusións forestaisNoutra orde de cousas, o conselleiro do Medio Rural sinalou que se comezarán a aplicar as recomendacións da comisión de estudo para a reforma forestal neste ámbito. “Aínda que teñen un carácter principalmente forestal, hai accións vinculadas ao eido agrario”, explicou José González, entre as que destacou o plan de pastos en extensivo que comezará no concello ourensán de Cualedro coa adecuación dunhas 300 hectáreas. Deste xeito, funcionará como ferramenta de prevención dos lumes forestais.

Ademais, o conselleiro trasladou que outra novidade recollida nas recomendacións que botará a andar en breve será a de avanzar na posibilidade de pastorear en terreos queimados, para o que se desenvolverán regulamentariamente as excepcións xa recollidas na lei.

Reestruturación do viñedoAsí mesmo, o conselleiro do Medio Rural destacou que está aberto o prazo de presentación de solicitudes da orde de axudas para a reestruturación do viñedo que este ano, como novidade, permitirá aos viticultores realizar as plantacións cos seus propios medios, sen necesidade de recorrer a empresas. José González sinalou que era unha demanda histórica do sector á que agora se lle dá resposta.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre