Inicio Galicia O conselleiro de Sanidade visitou as obras do novo centro de saúde...

O conselleiro de Sanidade visitou as obras do novo centro de saúde de Salceda de Caselas

0

O novo edificio sanitario, cun investimento de 1,7 milóns de euros, conta cunha superficie construída de 1.321 m2,, triplicando case a superficie do actual centro de saúde

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, visitou hoxe o novo centro de saúde que se está a acometer en Salceda de Caselas para comprobar o estado das obras. No transcurso da súa visita, o conselleiro expresou a súa satisfacción coa evolución desta obra, que está moi avanzada e rematará no prazo previsto, no segundo trimestre deste ano. “Con esta infraestrutura dotarase aos veciños e veciñas de Salceda dun centro sanitario moderno e ben dimensionado para prestar unha atención de calidade e adaptada ás necesidades da poboación”.

O conselleiro, que estivo acompañado pola alcaldesa da localidade, Dolores Castiñeira, e o xerente da área sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña, recordou que a Administración sanitaria galega está a investir 1.679.168 euros no novo edificio sanitario, que triplica a superficie do actual centro de saúde. Así, a nova infraestrutura sanitaria contará cunha superficie construída de 1.321 m2, o que supón un incremento de 863 metros cadrados (un 188% máis), respecto ao espazo do actual centro de saúde, que conta cunha superficie de 458 m2. A empresa adxudicataria do concurso público foi Construciones Iglesias Mera S.

L.

A superficie quedará distribuída nunha entrada con vestíbulo e zona de recepción e na área de asistencia sanitaria contémplase 5 consultas de medicina xeral, 5 de enfermería, 1 consulta polivalente, 1 sala de técnicas, 1 sala de extraccións, 2 consultas de pediatría, 2 de enfermería pediátrica e 1 consulta para matrona. Disporá tamén de biblioteca/sala de xuntas, aseos e vestiarios, ademais doutros espazos con servizos comúns.

Na actualidade, o concello pontevedrés de Salceda de Caselas dispón de 7.822 tarxetas sanitarias adscritas, das que 1.302 son de pacientes en idade pediátrica.

Novos centro de saúde na área sanitaria de VigoO Servizo Galego de Saúde está a realizar un importante esforzo inversor en novas infraestruturas sanitarias na área sanitaria de Vigo.

No referido ás novas infraestruturas, cabe lembrar que a Xunta de Galicia vén de poñer en funcionamento os novos centros de saúde de Gondomar, cun orzamento de máis de 2 millóns de euros, e o de Pazos de Borbén, cun investimentoo de 150.000 euros.

Ademais, están en fase de proxecto as actuacións de reforma e ampliación do centro de saúde de Porriño, e do novo Centro de Saúde de Bouzas en Vigo. Tamén vén de anunciarse o novo Centro de Saúde Integral Olimpia Valencia, no concello vigués.

Por último, o conselleiro lembrou tamén o importante investimento que vén de realizarse -900.000 euros- na compra de equipamento electromédico e de diagnóstico –57 electrocardiógrafos, 50 desfibriladores, 3 ecógrafos, 60 unidades de holter de presión arterial, 50 espirómetros e 6 retinógrafos- así como mobiliario clínico e xeral para as consultas dos centros de saúde vigueses.“Cúmprese así con outra das medidas a curto prazo contempladas no Plan Galego de Atención Primaria, e que responde á necesidade de dar unha correcta cobertura sanitaria á poboación no ámbito deste primeiro nivel asistencial, mediante a priorización das obras e a renovación do material das consultas dos centros de saúde do Sergas así como a dotación do equipamento necesario”, asegurou o conselleiro de Sanidade. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre