Inicio Galicia O conselleiro de Sanidade visitou a nova área de neonatoloxía do hospital...

O conselleiro de Sanidade visitou a nova área de neonatoloxía do hospital provincial de Pontevedra na que o Sergas investiu 375.000 ? en renovación de equipamento e instalacións

0

A reforma ampliou o espazo de traballo dos profesionais da unidade neonatal, reubicando o novo equipamento para a atención aos recén nados

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou hoxe a nova área de Neonatoloxía do Hospital Provincial de Pontevedra na que o Servizo Galego de Saúde realizou un investimento de 375.000 euros na renovación do seu equipamento e instalacións. Esta reforma ampliou o espazo de traballo dos profesionais da unidade neonatal, reubicando así mesmo o novo equipamento preciso para prestar atención sanitaria aos recén nados.

No transcurso da súa visita técnica -na que estivo acompañado do delegado provincial da Xunta de Galicia, Jose Manuel Cores Tourís e polo xerente da EOXI de Pontevedra e O Salnés, Jose Ramón Gómez Fernández, entre outros responsables sanitarios- o titular de Sanidade agradeceu a participación e a total implicación dos profesionais médicos e de enfermaría do servizo durante o período de dous meses desta obra de mellora.

Dotación da nova unidadeCunha dotación de 14 postos -dos que cinco son de coidados críticos, dúas cunas térmicas, dous postos de fototerapia e os outros cinco postos para coidados intermedios- a nova área de Neonatoloxía conta co equipamento máis sofisticado para os coidados intensivos neonatáis e unha infraestrutura máis axeitada para a dar cobertura asistencial á gran prematuridade que se está a producir nos últimos anos nesta EOXI.

Leer más:  El PSOE utiliza la comisión del Congreso como "cortina de humo" para evitar discutir el caso 'Koldo', según critica Rueda

A nova unidade de Neonatos do Hospital Provincial conta con cabeceiros suspendidos para permitir a conexión dos gases medicinais e as conexións eléctricas de incubadoras ao teito, de forma que se liberen as conexións á parede que, até o de agora, limitaban os movementos ao redor do paciente para prestar á asistencia sanitaria. Esta medida implica tamén a creación dunha nova rede de gases medicinais e un novo equipamento de monitorización de ventilación non invasiva.

Con dita actuación, o SERGAS mellorou as condicións de bioseguridade ambiental, mediante a implementación de circuítos e barreiras, así como pola dotación de pías para lavar as mans e un sistema de climatización zonificada, regulable en temperatura, permitindo así suficientes renovacións de ar e cun nivel de filtración óptima do mesmo. Ademáis, as obras implementaron unha maior seguridade eléctrica, unha mellor reestruturación do posto de control de enfermaría que facilita a visión directa do maior número de pacientes, favorecendo así os coidados asistenciais, ademais da humanización da unidade.

Leer más:  El PSOE de Santiago recuerda a BNG y CA su responsabilidad en el bloqueo de Peleteiro y afirma que estará en la solución

Promoción da lactancia materna e o acompañamentoA nova unidade de Neonatos do Hospital Provincial habilitou unha sala de extracción de leite e unha sala de lactancia materna. Neste senso, o Conselleiro de Sanidade subliñou que "estes novos espazos, que se engaden á recente creación neste hospital dun punto de recollida de leite para o banco de Vigo, representan unha importante aposta pola promoción da lactancia materna, cuxos beneficios para os prematuros son fundamentais".

Dotada de sillóns recostables para que nais e pais poidan realizar o contacto pel con pel, esta nova área do Hospital Provincial dispón dun despacho de información e conta cun protocolo de acompañamento para que os proxenitores poidan acompañar ao seu meniño cando así o desexen, cunha limitación de dúas persoas por bebé.

Datos asistenciais de nacementos na EOXICómpre sinalar que, na actualidade, o 7% dos bebés que nacen na área sanitaria integrada de Pontevedra e O Salnés son prematuros.

Nos últimos cinco anos se teñen rexistrados no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra entre 1.500 e 1.620 partos anuais, aos que hai que engadir entre 500 e 570 partos alumeados no Hospital do Salnés, dos cales entre 82 e 122 foron anualmente pretérminos.

Leer más:  La conselleira do Medio Rural considera "probablemente intencionados" los recientes incendios: "Es parte del ADN de Galicia"

Durante o pasado ano 2017, rexistráronse un total de 1.552 partos no CHOP, preto dun 4% deles foron prematuros. 


- Te recomendamos -