Inicio Galicia O conselleiro de Sanidade visita as obras de ampliación do centro de...

O conselleiro de Sanidade visita as obras de ampliación do centro de saúde de Pazos de Borbén

0

O Sergas está a investir preto de 150.000 euros na ampliación do centro, que incrementará nun 70% a súa superficie útil


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, visitou hoxe o centro de saúde de Pazos de Borbén, para comprobar o estado das obras de ampliación que se están executando no mesmo. No transcurso da súa visita, o conselleiro expresou a súa satisfacción con esta reforma, que rematará no próximo mes de setembro e dixo que “esta obra dotará aos veciños e veciñas de Pazos de Borbén dun centro sanitario debidamente acondicionado para prestar unha atención de calidade e adaptada ás necesidades da poboación”.

Esta actuación está enmarcada dentro do Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021. En concreto, na liña estratéxica que recolle o plan de necesidades e a priorización das obras, e entre as que está o obxectivo que reflicte adecuar os espazos ás necesidades dos profesionais e dos pacientes.

O conselleiro estivo acompañado polo alcalde do concello, Andrés Iglesias Rodriguez, e polo xerente da área sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña. Almuiña destacou tamén o esforzo realizado polo seu departamento para minimizar o impacto asistencial destas obras na poboación. Así, decidiuse emprazar un Punto de Atención Móbil ao carón do centro sanitario, para que, durante o período que duren as obras, os usuarios non tiveran que desprazarse a recibir asistencia sanitaria a outra localidade. Este dispositivo sanitario, composto por dúas unidades móbiles, está perfectamente acondicionado e dispón de todo o equipamento necesario para prestar asistencia.

Con esta medida, o departamento sanitario garante que a poboación seguise sendo atendida no mesmo lugar, e recibindo a mesma asistencia prestada polos seus propios profesionais . “Unha vez máis, estas unidades móbiles volven a demostrar a súa eficacia para resolver as necesidades conxunturais ou as circunstancias de asistencia xeradas por factores de tipo estrutural, como neste caso, son as reformas nun centro de saúde”.

Investimento de 150.000 eurosO Sergas realiza un investimento total de 148.650 euros na reforma e ampliación do centro de saúde de Pazos de Borbén, incrementando un 70% a súa superficie útil, pasando de 112 metros cadrados a preto de 190.

O obxecto desta reforma é dotar ao centro dos espazos necesarios para o seu correcto funcionamento tendo en conta as súas necesidade reais, tales como unha sala polivalente, unha nova sala de espera para pacientes pediátricos, a adaptación dos espazos e consultas existentes á normativa vixente de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas .

Unha vez concluídos os traballos previstos, o edificio conta cos seguintes espazos: consulta de medicina xeral, sala de enfermería, sala polivalente, consulta de pediatría-matrona, sala de espera pediátrica, almacén, vestiario e aseos, así como unha rampa accesible dende o exterior ata a zona de entrada da edificación.

Para todo o anterior, e con vistas a mellorar as condicións do centro e dar resposta ás esixencias de accesibilidade da veciñanza, formúlase unha reestruturación do conxunto, que facilite a diferenciación de zonas segundo o uso, e dote dos espazos principais e accesorios que garantan o bo funcionamento.

A nova edificación resultante respecta as características da edificación orixinal, acadando unha imaxe unitaria do conxunto mediante a conservación das fachadas e a reforma e unificación da cuberta. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre