Inicio Galicia O conselleiro de Sanidade subliña a importancia de traballar na sensibilización da...

O conselleiro de Sanidade subliña a importancia de traballar na sensibilización da mocidade sobre a doazón de medula ósea

0
image_gallery.jpg

No acto de entrega de premios aos gañadores do V Concurso Universitario de Curtametraxes relacionado coa doazón e o transplante de medula ósea


O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, presidiu, xunto co conselleiro da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez González, a entrega de premios aos gañadores do V Concurso Universitario de Curtametraxes relacionado coa doazón e o transplante de medula ósea promovido pola Coordinación Autonómica de Transplantes da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).

O acto tivo lugar hoxe co gallo da conmemoración, o 19 de setembro, do Día Mundial do Doador de Medula Ósea.

O novo responsable da carteira sanitaria do Executivo galego salientou a importancia de continuar a traballar a prol da creación dunha conciencia solidaria favorable á doazón e o transplante, especialmente nos distintos niveis educativos, e que achegan esta realidade sanitaria e social á mocidade, especialmente ao colectivo universitario.

O acto celebrado no salón de actos da UNED na Coruña, contou, ademais, coa presenza do director do centro asociado da UNED na Coruña, Germán Carro Fernández, da directora de ADOS, Marisa López García, e de José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades.

O conselleiro de Sanidade salientou o especial esforzo que se está a facer desde a Coordinación Autonómica de Transplantes de ADOS por achegar información relativa á doazón e o transplante de medula ósea ao colectivo universitario, eido no que se circunscribe esta quinta edición do Concurso de Curtametraxes.

Neste punto, García Comesaña agradeceu a todos os membros da comunidade universitaria, o esforzo e interese amosado, xa que iniciativas como esta promoven unha actitude solidaria e favorable ao xeneroso xesto da doazón entre os nosos mozos e mozas, permitíndolles coñecer, de primeira man, unha parte fundamental do noso sistema sociosanitario.

Así mesmo, o conselleiro de Sanidade quixo resaltar que ADOS é o centro de referencia en Galicia para a tipaxe dos doadores de medula ósea integrados no Rexistro Español de Medula Ósea (REDMO) e, segundo datos facilitados pola Organización Nacional de Transplantes (ONT), Galicia ten experimentado unha excelente evolución e contabiliza, ata o momento, un total de 12.244 doadores e doadoras de medula ósea.

PremiadosNesta quinta edición do Concurso Universitario de Curtametraxes relacionado coa doazón e o transplante de medula ósea, acadou o primeiro premio o traballo “Como salvar unha vida en tres pasos” realizado polo alumno do Grao de enxeñería Informática da UNED, Millán Castro Vilariño.

Polo que atingue ao segundo premio desta quinta edición, recaeu na curtametraxe “Amigo Invisible” do estudante da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Vigo, David Hortas García.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre